Daito-ryu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Daito-ryu
Información xeral
Lugar de orixe Flag of Japan.svg Xapón
relación con outras artes marciais
Descendente Aikido

Daito-ryu (大東流, Daitō-ryũ), máis coñecido como Daito-ryu aiki-jujutsu (大東流合気柔術, Daitō-ryū aiki-jūjutsu), é unha vella liñaxe e unha escola de artes marciais do Xapón, en que se ensinan técnicas de loita con e sen armas, e sendo destas a principal arma a espada. Con todo, a mediados do século XX, e tamén resultado dunha escola derivada, o Aikido, a parte máis notable tornouse a parte das técnicas de loita sen armas. Orixinalmente, a escola era chamada de Daito-ryu jujutsu (大東流柔術, Daitō-ryū jūjutsu), mais, por non mostrar todo o potencial e contido, cambiouse a denominación.[1][2][3]

A súa historia é moi longa, retornando o tempo ata o século X, pois foi creada por Minamoto Yoshimitsu (源 義光), membro do famoso clan Minamoto, que viviu durante o Período Heian, da historia xaponesa. Pero foi a principios do século XX que Sokaku Takeda, naquel período o último representante da liñaxe marcial, co temor de que as técnicas da súa familia se perdesen para sempre, comezou a ensinar persoas que non eran parentes del. Un destes alumnos, Morihei Ueshiba con o Aikido, tivo como efecto aínda a preservación do Daito-ryu, aínda que indirectamente.[4][5]

A orde do estilo estivo so a familia Takeda ata 1993, cando Tokimune Takeda faleceu sen deixar nomeado un encargado na dirección. Despois diso, xurdiron algunhas liñaxes distintas, que claman para si a herdanza do estilo Daito-ryu.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O kobudo Daito-ryu ten o comezo de súa historia nos idos do século XI. O seu creador foi Minamoto no Yoshimitsu, que era un samurai pertencente ao clan Minamoto e membro da liñaxe Seiwa Genji, un ramo do clan Minamoto que descendía do do 56º Imperador xaponés, Seiwa Fujiwara. Non obstante, esas orixes poden ser buscadas un pouco máis lonxe, co príncipe Tenjin Fujiwara, o sexto fillo do Emperador Seiwa, que era un experto na loita desarmada, que practicaba unha escola propia. Os seus coñecementos el pasou para o príncipe Tsunemoto, e foi por medio deste que as técnicas chegaron até Yoshimitsu. O nome Minamoto foi dado a Tsunemoto.[6][7]

A denominación da escola é derivada da urbe onde Minamoto foi creado e viviu mentres neno, chamado de "Daitō" (大東), na Provincia de Ōmi, actualmente o concello de Shiga. Yoshimitsu tiña unha sala en seu palacio onde estudaba a anatomía de cadáveres de prisioneiros de guerra e criminosos, coa finalidade de aprender cales puntos e xuntas do corpo humano eran máis sensíbeis a golpes e presión e torción..[8]

Yoshimitsu tamen xa estudara unha arte marcial desarmada, chamada tegoi, unha arte ancestral do Sumo, engadindo os seus coñecementos. Eventualmente, el firmou residencia na Pronvicia de Kai, actualmente o Distrito de Yamanashi, e pasou seus coñecementos a seus familiares.

Kage Yoshimitsu viaxou até a Europa a mediados do século XV. Nesa oportunidade, tivo contacto e comezou amizade con William Vorilong, un filósofo occidental, que acabou por estudar un pouco da filosofía oriental, combate desarmado e técnicas de espada. Por fin, Nobuyoshi, neto de Yoshimitsu, adoptou o apelido de "Takeda", o cal permanece como o nome da familia até os tempos hodiernos. Os membros da família Takeda tiveron a súa residencia na Provincia de Kai até Shingen Takeda, 1573. Este opúxose á campaña de Ieyasu Tokugawa e Nobunaga Oda, para a unificación do Xapón. Tras o seu pasamento, a familia foi desprazada para Aizu, unha área que comprendía un terzo da área occidental do actual Distrito de Fukushima.[9]

Aínda que tales eventos provocasen á familia Takeda a perda de parte de seus poder e influencia, esta mantívose menos relacionada ás clases dominantes do Xapón. Máis importante, a mudanza para Aizu e a secuencia de eventos restou por influenciar sobremaneira os contornos nos cales xurdiría, o século XIX, a escola Daito-ryu Aikijujutsu. Entrementres, un evento importante foi a adopción do neto de Tokugawa, Komatsumaru (1611-1673), por Kenshoin Takeda, cuarta filla de Shingen Takeda. Komatsumaru dedicouse ao estudo das artes marciais da família Takeda, e foi máis tarde adoptado por Hoshina Masamitsu.

Komatsumaru permutou o seu nome para Hoshina Masayuki, e en 1644 foi nomeado gobernador de Aizu. Nesa función, el determinou que todos os gobernantes posteriores da provincia deberían estudar as técnicas de Ono-ha Itto-ryu nas cales el propio xa era recoñecido como un experto, ben como a arte de Oshikiuchi, unha arte marcial que el desenvolveu para conselleiros do Shogun, tendo en mente as condicións do palacio. Estas artes foron por fin incorporadas e compiladas dentro daquelas da familia Takeda.[7]

Tokimune Takeda, o terceiro fillo de Sokaku Takeda, tornouse o líder da escola Daito-ryu tras o pasamento do seu pai, en 1943. Tokimune Takeda viviu até 1993, mais non deixou un sucesor oficial.

Técnicas[editar | editar a fonte]

As técnicas de loita desarmada da escola comprenden tanto técnicas duras (jujutsu) canto suaves (aikijujutsu), que son organizadas en determinados programas de adestrados secuencial. Nese paradigma, un practicante non vai avanzar para o próximo conxunto de técnicas até que domine o anterior completamente. Tras a conclusión de cada nivel, un estudante recibe un certificado ou diploma que alista todas as técnicas do nivel. Adéstranse tamén técnicas de esgrima, que son orixinarias da liñaxe Ono-ha.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bull, Wagner José (2004) (en portugués). Aikido, o caminho da sabedoria: Dobun Historia E Cultura (11 ed.). São Paulo: Pensamento.
  2. "Aiki History" (en inglés). http://aikijutsudo.com/history.htm. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
  3. 3,0 3,1 "Historical Development of Daito Ryu Aiki Jujutsu" (en inglés). http://www.kodokai.us. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
  4. Omiya, Shiro (trad. Wagner Bull) (2004) (en portugués). As Raízes Secretas Do Aikido. São Paulo: Cultrix. p. 16.
  5. "Morihei Ueshiba & Sokaku Takeda" (en inglés). http://omlc.ogi.edu/aikido/talk/osensei/bio/mori1.html. Consultado o 29 de xaneiro de 2014.
  6. Bull, Wagner J. (2007) (en portugués). Aikido - O Caminho Da Sabedoria - a Teoria. São Paulo: Pensamento-Cultrix.
  7. 7,0 7,1 Rathbone, Jim (2006) (en inglés). James Mitose and the Path of Kenpo.
  8. Ratti, Oscar; Westbrook, Adele (2007) (en italiano). I segreti dei samurai. Le antiche arti marziali. Roma: Mediterranee. p. 376.
  9. Omiya, Shiro (1998) (en portugués). As raízes secretas do Aikido. São Paulo: Pensamento. pp. 15, 16.
  10. "Seeking The Original Path: An Interview With Daito-Ryu's Okabayashi" (en inglés). FightingArts.com. http://www.fightingarts.com/reading/article.php?id=315. Consultado o 30 de marzo de 2014.