Daichi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|
|---|---|
| Tipo | Observación terrestre. |
| Fabricante | |
| Organización | NASDA |
| Data de lanzamento | 24 de xaneiro de 2006, 1:33 UTC[1][2][3] |
| Foguete portador | H-2A[2][4][3] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[2] |
| Obxectivo da misión | Estudios cartográficos e de recursos naturais.[2] |
| NSSDC ID | 2006-002A |
| Masa | 4000 kg[2][5] |
| Semieixo maior | 7072,2 km[1] |
| Inclinación | 98,1 graos[1] |
| Apoapse | 702,7 km[1] |
| Periapse | 699,7 km[1] |
Daichi, tamén coñecido polo acrónimo ALOS (Advanced Land Observing Satellite) é un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de xaneiro de 2006 desde o Centro Espacial de Tanegashima mediante un foguete H-2A.[2]
Características [editar]
Daichi estaba adicado á observación e cartografía terrestres e á busca de recursos naturais.[2] Funcionou ata o 22 de abril de 2011, en que perdeu enerxía, dándose por finalizada a misión.[4]
Instrumentos [editar]
O satélite levaba tres instrumentos a bordo:[4]
- PRISM (Panchromatic Remote-sensing Instrument for Stereo Mapping): cámara pancromática para cartografía cunha resolución de 2,5 metros.
- AVNIR-2 (Advanced Visible and Near Infrared Radiometer tipo 2): radiómetro para observación terrestre cunha resolución de 10 metros.
- PALSAR (Phased Array type L-band Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética para observación terrestre diúrna e nocturna.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ALOS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=28931. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "ALOS" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2006-002A. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 20 March 2007 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (07-82185): 2. 11 de abril de 2007. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=2609.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "ALOS (Daichi)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/alos.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Daichi" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/daichi.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2012.