Dafne (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dafne (Peri)»)

Dafne
Dafne perseguida por Apolo, por Giovanni Battista Tiepolo (1744).
FormaÓpera
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaOttavio Rinuccini
Estrea1598
Teatro da estreaPalazzo Corsi
Lugar da estreaFlorencia
Música
CompositorJacopo Peri
Localización da partituraPerdida
Personaxes

Ovidio
Apolo
Venus
Amor
Dafne
Tirsi

Dafne é a primeira obra que pode ser considerada unha ópera segundo as convencións actuais,[1][2][3] con música de Jacopo Peri e libreto en italiano de Ottavio Rinuccini. Aínda que o libreto sobreviviu completo (e consérvase na New York Public Library), a meirande parte da música composta por Peri perdeuse, sobrevivindo só seis fragmentos, dos cales dous pertencen a Jacopo Corsi. Dafne foi estreada durante o Entroido de 1598.

Historia[editar | editar a fonte]

Dafne foi escrita para un conxunto máis pequeno que o das óperas posteriores de Claudio Monteverdi, isto é, un harpsicordio, un laúde, unha viola da gamba, un arquilaúde, e unha frauta tripe.[4] Sobre a base dun novo desenvolvemento do tempo, Peri creou recitativos, discursos melódicos acompañados por música, como unha parte central da ópera.[5]

A historia de Apolo namorado da ninfa Dafne, foi composta por Jacopo Peri para un círculo reducido da elite de humanistas de Florencia, a Camerata Florentina, entre 1594 e 1597, co apoio, e posiblemente a colaboración, do compositor e mecenas Jacopo Corsi.[6][7] Foi representada probablemente en 1597 ou 1598 no Palazzo Corsi.[7] e constitúe a tentativa de facer revivir a traxedia grega,[4] segundo novos ditados, moi lonxe do que os antigos gregos terían aprobado,[8] mais converteuse nun novo xeito de entretemento que se desenvolvería nos seguintes 400 anos.

A meirande parte da música de Peri está, non obstante, perdida, a pesar da súa popularidade en Europa no tempo da súa publicación, mais ten chegado aos nosos días o libreto constituído por 455 versos. A familia florentina dos Medici, señores de Florencia, quedou tan impresionada co traballo encargado a Peri que a opera Euridice foi representada en ocasión do matrimonio de María de Medici con Henrique IV no 1600.[9][10]

Partes destacadas[editar | editar a fonte]

  • "Almo dio che 'l carro ardente.."
  • "Da fortunati campi ove immortali.."
  • "Non curi la mia pianta o fiammaa o gelo.."

Notas[editar | editar a fonte]

  1. JSTOR.org "Dafne", the First Opera. A Chronological Study
  2. "ABC.net.au How the Quest Was Won". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2012. 
  3. NYTimes.com " TRAVEL ADVISORY; Opera's 400th Birthday Is Celebrated in Vienna"
  4. 4,0 4,1 NewAdvent.org
  5. Jacopo Peri – Dafne page
  6. JSTOR Peri and Corsi's "Dafne": Some New Discoveries and Observations, William V. Porter; Journal of the American Musicological Society, Vol. 18, No. 2 (Summer, 1965), pp. 170–196
  7. 7,0 7,1 NNDB's Jacopo Peri page
  8. Jacopo Peri - Dafne page
  9. "News.com.au". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2007. Consultado o 28 de xullo de 2007. 
  10. MusicWithEase.com "Opera Before Gluck

Véxase tamén[editar | editar a fonte]