Dactonium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dactonio»)
Monforte de Lemos

Dactonium era o nome da capital dos lemavos, pobo galaico da Gallaecia, sito dentro do Convento lucense, que se pode identificar coa actual cidade de Monforte de Lemos, no Sur da actual provincia de Lugo.

Fontes[editar | editar a fonte]

Dactonium é citado por Tolomeo entre os lemavos. Aparece tamén citada entre as etapas do itinerario entre Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga) que indican o documento denominado Táboas de barro de Astorga.

Identificación[editar | editar a fonte]

Aínda que a localización entre o pobo dos lemavos (cuxo nome perdura no Lemos actual) estaba implícita nos textos antigos coñecidos, persistían dúbidas sobre a súa redución exacta, por canto non se vía continuidade entre o nome antigo e o moderno.

Porén certos documentos altomedievais mostran a perduración, así en 1080 como "castrum Actonium quod dicitur Pino", sendo Pino o actual mosteiro de San Vicente do Pino na mesma cidade (como mostra, entre outros, G.Vázquez).

A fórmula medieval mostra que o nome, quizais popular, sería *Castro (D)Actonio, o que explica a perda do D- inicial por fonética sintáctica. Como se pode apreciar acabaría por mudar de nome, primeiro para Pino e logo para Monforte.

Porén aínda hai versións que identifican Dactonium coa actual Chantada[1][2]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

A identificación de Dactonium con Monforte a través de diversa documentación medieval, remonta á obra de Ramón Barros Silvelo e outros autores, en en parte está recollida en Germán Vázquez, no artigo dedicado a Monforte de Lemos, na Grande Enciclopedia Galega (a explicación filolóxica non figura aí).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]