Dacar - Dakar
- Véxase tamén: Rally Dakar.
| Dacar - Dakar | |
|---|---|
![]() |
[[Ficheiro:|140px|]] |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 0 msnm |
| Superficie: | 82´38 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.030.594 hab. (2005) |
| Densidade de poboación: | 12.510 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Khalifa Sall (2009) |
| Sitio na web: | Páxina oficial de Dakar |
Dakar ou Dacar é unha cidade africana, capital do Senegal. No ano 2005 s súa área metropolitana tiña 2.452.656 habitantes. Está situada na península de Cabo Verde, na costa Atlántica de África. A súa situación xeográfica no extremo oeste de África resulta vantaxosa para o tráfico marítimo con América e Europa, razón pola cal se desenvolveu alí o maior porto marítimo da rexión.
A cidade de Dakar formouse no contorno dun forte Francés, reemprazando a cidade de San Luis como a capital da colonia francesa do oeste en 1902. Foi a capital da federación Malí entre 1959 e 1960, converténdose despois na capital do Senegal.
Entre os séculos XVI e XIX, Dakar foi o maior centro para o tráfico de escravos cara a toda América. O goberno senegalés restaurou e transformou en museo o forte de Estrées na illa de Gorée, onde levaban os escravos para ser vendidos en poxa e enviados en barco.
Na actualidade Dacar ten os servizos de Universidade, porto, escala aérea, industrias, etc.
Dakar foi até 2007 o punto de chegada do Rally Dakar que se corre a principios de cada ano. A cidade acolle tamén a bienal de arte africana Dak'Art. A última edición celebrada foi no ano 2006.
