DS Orion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DS Orion

O DS Orion foi un navío de vapor noruegués construído en 1874 por H Murray & Co en Port Glasgow, Escocia para a Det Bergenske Dampskibsselskab de Bergen. Coas súas 681 toneladas brutas e 180 pés de longo o DS Orion era o maior navío da compañía no momento da súa entrega.

Nunha das súas primeiras viaxes, o 5 de decembro de 1874, sufriu un accidente e afundiu en Meløyvær e xa non volveu navegar ata a primavera seguinte. Polos numerosos accidentes sufridos coñeceuse ó barco como ulykkeskipet (o barco accidente). En 1888 e 1889 o navío sufriu unha reforma en profundidade e durante unha navegación de proba explotou a caldeira.

En outono de 1902 reconstruíuse de novo, aumentándose a potencia do motor ata os 750 cabalos. O 12 de decembro de 1903 produciuse un incendio a bordo ó caer unha lámpada de petróleo, o lume estendeuse rapidamente e como consecuencia morreron 7 tripulantes e 1 pasaxeiro.