DS Constitutionen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Constitutionen pasando pola cidade de Arendal. De Norge fremstillet i Billederfrå 1848.

O DS Constitutionen foi o primeiro barco de vapor de Noruega, o servizo de correos mercouno a Inglaterra en 1826 para mellorar o servizo postal pero o navío tamén se utilizou para o transporte de viaxeiros e carga. O DS Constitutión realizaba a ruta entre Oslo e Kristiansand. En 1827 o servizo de correos mercou outro buque, o DS Prinds Carl, que levaba o correo transportado polo DS Constitutionen ata Copenhaguen. En 1871 o Constitutionen deixou de operar.

Torvslaget[editar | editar a fonte]

O 17 de maio de 1829 no aniversario da Constitución de 1814 o Constitutionen chegou a Oslo ás seis da tarde, e moitos cidadáns achegáronse ao porto como única posibilidade de amosar o seu apoio á constitución norueguesa, xa que por real decreto do rei de Suecia e Noruega Carlos XIV Xoán a súa celebración estaba prohibida, produciuse entón o Torvslaget, no que o gobernador sueco da cidade lanzou á cabalería contra os cidadáns na praza principal, Henrik Wergeland presente nese día destacou pola súa oposición a estas accións e converteuse nun heroe nacional.