DS-U2-I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-U2-I foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado a facer estudos da ionosfera terrestre, incluíndo a súa influencia no paso de ondas de radio na VLF.[1][2]

En total lanzáronse tres satélites da serie DS-U2-I: o Kosmos 119 o 24 de maio de 1966, o Kosmos 142 o 14 de febreiro de 1967 e o Kosmos 259 o 14 de decembro de 1968. Os tres satélites foron lanzados desde a base de Kapustin Yar con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
24 de maio de 1966, 5:31 GMT Kapustin Yar Kosmos 119 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-I.
14 de febreiro de 1967, 10:04 GMT Kapustin Yar Kosmos 142 Éxito
14 de decembro de 1968, 5:09 GMT Kapustin Yar Kosmos 259 Éxito Último voo dun DS-U2-I.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2012.