DS-U2-GKA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-U2-GKA foi o nome dun modelo de satélites artificiais francosoviético adicado a facer estudos da magnetosfera terrestre, incluíndo a observación de auroras polares e outros fenómenos da atmosfera superior.[1][2]

En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U2-GKA: o Oreol 1 (tamén coñecido como Aureole 1 e Arkad 1) o 27 de decembro de 1971, e o Oreol 2 (tamén coñecido como Aureole 2 e Arkad 2) o 26 de decembro de 1973. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde o cosmódromo de Plesetsk con éxito mediante foguetes Kosmos 3M.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
27 de decembro de 1971, 19:00 GMT Cosmódromo de Plesetsk Oreol 1 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-GKA.
13 de xuño de 1970, 4:59 GMT Cosmódromo de Plesetsk Oreol 2 Éxito Último voo dun DS-U2-GKA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-U2-GKA" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-GKA" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.