DIY

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Do it yourself (DIY) é unha expresión inglesa que literalmente significa Fágao vostede mesmo, e que se refire á práctica de fabricar ou reparar algo por conta propia en vez de comprar ou pagar por un traballo profesional. A finais da década dos 70 o principio do DIY tornouse profundamente asociado ao anarquismo e a outros movementos anticonsumistas. Como concepto ou principio ético, DIY cuestiona o suposto monopolio das técnicas por especialistas e estimula a capacidade das persoas para aprenderen a realizar cousas alén do que tradicionalmente se crían quen de facer.

Ver tamén[editar | editar a fonte]