dEUS
| dEUS | |
|---|---|
dEUS no Cafe Du Nord, San Francisco |
|
| Información | |
| Orixe | Antuerpen, Bélxica |
| Período | 1989 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, rock experimental |
| Selo(s) discográfico(s) | V2, Universal |
| Membros | Tom Barman Mauro Pawlowski Stephane Misseghers Alan Gevaert Klaas Janzoons |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.deus.be |
dEUS é unha banda belga de rock formada en 1989 en Antuerpen. Dende a súa fundación os seus únicos membros permanentes son Tom Barman (voz, guitarra) e Klaas Janszoons (teclado, violín). dEUS é considerada unha das bandas de rock belgas máis exitosas e influentes.
Índice |
[editar] Biografía
A banda, que canta principalmente en inglés, fundouse en Antuerpen en 1989 como unha banda de versións, e non tivo forma definitiva ata despois do Humo's Rock Rally (un concurso belga de bandas de rock) de 1992. Na xira que seguiu a través de España dEUS definiu o seu son e despois da edición do EP Zea o selo Island Records ofreceulle un contrato á banda, sendo o primeiro grupo indie belga en asinar un contrato cun grande selo internacional.
O seu álbum de estrea Worst Case Scenario, ten influencias de Frank Zappa, Tom Waits e Captain Beefheart e foi editado o 16 de setembro de 1994, cunha boa acollida por parte da crítica. O seu segundo traballo, In a Bar, Under the Sea, apareceu dous anos despois e tamén foi eloxiado pola crítica pola súa diversidade e agradable caos. The Ideal Crash, lanzado en 1999, tratábase dun disco máis accesible. Entre os tres álbums a banda vendeu uns 750.000 discos en todo o mundo.
Despois da xira de promoción de The Ideal Crash a banda tomouse un extenso descanso que lle permitíu aos seus membros adicarse a outros proxectos. Barman dirixiu unha película chamada Any Way the Wind Blows no ano 2003 e formou Magnus co produtor de tecno CJ Bolland no 2004.
A mediados do 2004 comezaron a gravar novo material e a realizar concertos por Europa. En agosto lanzaron o sinxelo "If You Don't Get What You Want", só dispoñible a través de descarga dixital.
O 12 de setembro do 2005 setembro editaron o seu novo traballo, Pocket Revolution. Na súa promoción realizaron unha extensa xira cuns 130 concertos. Despois de rematar a xira dEUS comezou a ensaiar para preparar o seu seguinte traballo. No 2007 a banda construíu o seu propio estudio para continuar traballando no seu novo álbum. Gravado coa mesma formación de Pocket Revolution, Vantage Point foi editado o 21 de abril do 2008.
Vantage Point conseguíu o platino en Bélxica un mes despois do seu lanzamento, pero non tivo tanto éxito en Europa. Despois da aparición do álbum o grupo comezou unha xira de promoción do mesmo, que rematou con dous concertos no Forest National de Bruxelas.
A banda está traballando na actualidade nun novo disco que sairá á luz durante o ano 2010 segundo declaracións de Tom Barman.
dEUS amosa unha grande variedade de influencias, incluíndo a Captain Beefheart, Frank Zappa, Big Star, Sonic Youth, Leonard Cohen e The Velvet Underground.
Co tempo dEUS foi incorporando unha ampla variedade de estilos como pop, folk, free jazz, neo-prog, punk e heavy metal aos seus traballos. Eles convertéronse nunha das máis importantes e influentes bandas belgas de rock.
[editar] Membros
- Tom Barman: guitarra e voz.
- Mauro Pawlowski: guitarra.
- Stephane Misseghers: batería.
- Alan Gevaert: baixo.
- Klaas Janzoons: teclado e violín.
[editar] Discografía
- Worst Case Scenario - 1994
- My Sister = My Clock - 1995
- In a Bar, Under the Sea - 1996
- The Ideal Crash - 1999
- Pocket Revolution - 2005 (V2)
- Vantage Point - 2008
- Keep You Close - 2011
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||