Jean Le Rond d'Alembert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «D'Alembert»)
Infotaula de personaJean Le Rond d'Alembert

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean le Rond D'Alembert Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1717 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 1783 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatacumbas de París Editar o valor em Wikidata
Perpetual secretary of the French Academy (en) Traducir
9 de abril de 1772 – 29 de outubro de 1783
← Charles Pinot Duclos (pt) TraducirJean-François Marmontel (pt) Traducir →
Cadeira 25 da Academia Francesa (pt) Traducir
28 de novembro de 1754 – 29 de outubro de 1783
← Jean-Baptiste Surian (pt) TraducirMarie-Gabriel-Florent-Auguste de Choiseul-Gouffier (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Reino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège des Quatre-Nations (pt) Traducir (–1735)
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e mecánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , Enciclopedista , teórico da música , enxeñeiro , astrónomo , lexicógrafo , escritor , musicólogo , tradutor , matemático , físico , Intelectual Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPierre Simon Laplace Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Artistas relacionadosDenis Diderot: Diderot et d'Alembert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPierre Simon Laplace Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisLeopold Filips van Arenberg (pt) Traducir e Louis-Camus Destouches (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Claudine Guérin de Tencin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Le_Rond-5
Retrato d'Alembert por Quentin de la Tour

Jean Le Rond d'Alembert, nado en París en 1717 e finado en París en 1783, foi un matemático e filósofo francés, célebre por ser un dos editores da Encyclopédie con Denis Diderot.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo ilexítimo da escritora Claudine Guérin de Tencin e dun oficial de artillaría, uns días máis tarde do seu nacemento foi abandonado pola súa nai na Igrexa de Saint-Jean-le-Rond de París.
En 1729 entra no colexio xansenista de Quatre-Nations, no que se graduou no ano 1735, pasando á escola de leis, e en 1738 foi nomeado avogado.
En 1739, presenta o seu primeiro traballo matemático sobre os erros atopados en L'analyse démontrée (1708) de Charles René Reynaud, ata entón considerado estándar. En 1740 escribe Mémoire sur la refraction des corps solides, no que explica a teoría da refracción, tamén escribe sobre o que agora se chama Paradoxo D'Alembert: no que demostra que non existe resistencia ao movemento dun corpo cando este se move a través dun fluído ideal (non viscoso).

En Traité de dynamique, enuncia o Teorema de d'Alembert ou Teorema Fundamental da Álxebra que di que toda ecuación, do grao que sexa, sempre ten (cando menos) unha solución, ben sexa un número real ou un número complexo.
En 1746 Diderot convénceo para participar na redacción dunha enciclopedia onde se recollese todo o saber da época, D'Alembert escribe o Discours préliminaire e a meirande parte dos artigos de matemáticas e ciencias. En 1751 aparece o primeiro tomo. En 1757 D'Alembert arrédase do proxecto.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mémoire sur le calcul intégral (1739)
  • Traité de dynamique (1743)
  • Traité de l'équilibre et du mouvement des fluides (1744)
  • Réflexions sur la cause générale des vents (1746),
  • Recherches sur les cordes vibrantes (1747),
  • Recherches sur la précession des équinoxes et sur la nutation de l'axe de la terre (1749),
  • Éléments de musique (1752),
  • Mélanges de littérature et de philosophie (2 tomos 1753, 5 tomos 1759-1767),
  • Essai sur les éléments de philosophie (1759)
  • Opuscules mathématiques (8 tomos 1761-1780).