Dólar das Illas Cook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar das Illas Cook
Cook Islands Dollar
Código: non ten
Ámbito: Flag of the Cook Islands.svg Illas Cook
(empregada xunto co dólar neozelandés)
Símbolo: $
Fracción: 100 (cents)
Moedas: 10, 20 e 50 cents
1, 2 e 5 $
Billetes: 3, 10, 20 e 50 $
Emisor:
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 1,908 $

1 USD = 1,4014 $

(igual que o dólar neozelandés)
ten&submit=Convertir Troco actual

O dólar das Illas Cook é a moeda das Illas Cook, xunto co dólar neozelandés e en paridade con este. O dólar subdivídese en 100 cents, aínda que algunhas moedas de 50 cents levan a denominación de "50 Tene".

Historia[editar | editar a fonte]

Ata 1967, a libra neozelandesa empregárase nas Illas Cook, cando foi substituído polo dólar de Nova Zelandia. En 1972, as moedas foron emitidas especificamente para as Illas Cook, e os billetes de banco que apareceron en 1987. O dólar das Illas Cook está vencellado á par co dólar de Nova Zelandia.

Moedas[editar | editar a fonte]

En 1972 introducíronse moedas de bronce de 1 e 2 céntimos, e de cuproníquel de 5, 10, 20, 50 cents e 1 dólar. Todas eran do mesmo tamaño e composición que as correspondentes moedas de Nova Zelandia. En 1983, a produción das moedas de 1 e 2 céntimos rematou. En 1987 introducíronse moedas de 1 dólar en forma de vieira, de 2 dólares triangulares, e de 5 dólares dodecagonais, sendo as de 1 e 2 dólares en cuproníquel e as de 5 dólares en aluminio-bronce. Aínda que houbo unha redución no tamaño das moedas de 10, 20 e 50 cents de Nova Zelandia en 2006, as Illas Cook aínda non reduciron o tamaño das súas.

Billetes[editar | editar a fonte]

En 1987 o goberno presentou unha nova serie de billetes de 3, 10 e 20 dólares, seguidos polo billete de 50 dólares en 1992. Estes billetes foron impresos ata 1995. Os da illa actualmente están a empregar máis os billetes de Nova Zelandia, a pesares de que os billetes das Illas Cook continúan tendo curso legal.