Isaac Díaz Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Díaz Pardo")
Isaac Díaz Pardo
10 diaz-pardo 0286.jpg
Isaac Díaz Pardo diante do seu autorretrato, durante a preparación da súa exposición na Casa da Parra no ano 2011.
Datos persoais
Nacemento 22 de agosto de 1920
Lugar Santiago de Compostela, Galicia Galicia
Falecemento 5 de xaneiro de 2012
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego, castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012[1], foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai pintor e escenógrafo (Camilo Díaz Baliño),[3] na súa casa tiñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotulador na Coruña.

A súa condición de supervivente marcou a súa vida cunha misión: lembrar os mortos e levar a cabo os soños polos que os mataron.[2]

Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando (Madrid).[3] A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas experiencias pioneiras como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

Ao seu regreso inicia, cunha exposición na Coruña, unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de dinamización sociopolítica e empresarial que visaba, por un lado, a modernización e internacionalización da cultura galega e, por outro, a rexeneración da desartellada historia de Galicia.[3]

Indicador no complexo de Cerámicas do Castro, Sada

Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada) (onde o nomearían fillo predilecto),[3] o que repite na Arxentina, onde pasaría trece anos e construiría xunto con outros destacados galeguistas como Luís Seoane o Laboratorio de Formas,[4] precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edicións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.

Das institucións que este colectivo creou para recuperar a memoria histórica, sería a dirección e administración do Grupo Sargadelos a faceta máis coñecida do intelectual galeguista e a que marcaría os seus derradeiros anos e o seu último fracaso, xa que foi apartado da dirección e da administración do grupo.[4]

Como escritor de ensaio e crítica, destacan Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos ou Castelao, ademais dunha morea de artigos en xornais como La Voz de Galicia (onde colaboraría até o 2009).[3]

Busto de Isaac Díaz Pardo en Sigüeiro, Oroso

Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedraio das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991), Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela (1992) e da Universidade da Coruña (2007), Premio Trasalba da Fundación Otero Pedraio (1993), a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1995), a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo[5] (2007) entre moitísimos outros.[3]

Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falece Isaac Díaz Pardo", artigo en Cultura galega, 5 de xaneiro de 2012.
  2. 2,0 2,1 "Fallece a los 91 años el galleguista Isaac Díaz Pardo", artigo en El País, 5 de xaneiro de 2012 (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Falece o intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo artigo en La Voz de Galicia, 5 de xaneiro de 2012.
  4. 4,0 4,1 Díaz Pardo, o home máis querido de Galicia artigo en De Luns a Venres, 5 de xaneiro de 2012.
  5. "El Gobierno concede la medalla al trabajo a Isaac Díaz Pardo", artigo en La Opinión, 7 de decembro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Isaac Díaz Pardo