Día mundial da concienciación sobre o autismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O día mundial da concienciación do autismo celébrase cada ano o 2 de abril, conforme á resolución da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas 62/139[1], aprobada o 18 de decembro de 2007, proposto polos representantes do Estado de Qatar, e apoiada por todos os estados membros.

Resolucións[editar | editar a fonte]

A resolución tiña tres compoñentes principais:

  • A creación de 2 de abril como Waad (siglas en inglés de World Autismo Awareness Day);
  • Participación das organizacións da ONU, os estados membros, as ONG e as organizacións privadas e públicas no Waad;
  • Aumentar a conciencia do autismo en todos os niveis da sociedade.

O Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, eloxiou a iniciativa do Qatar e da familia real do país, un dos maiores incentivadores da proposta de creación do día, polos esforzos en chamar a atención sobre dito trastorno.

No evento de 2009, a ONU declarou que, segundo especialistas, a doenza atinxia cerca de 35 millóns de persoas en todo o mundo, afectando á súa comunicación e interacción[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. *Resolución da ONU 62/139 (en inglés).
  2. "Autismo afecta 35 milhões de pessoas", artigo en www.unmultimedia.org, 2 de abril de 2009 (en portugués).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]