Día - Δíα
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Día, Δíα | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Italia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Creta |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 12,5 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 35°27′N 25°13′E / 35.45°N 25.217°E |
| Maior Altura | 268 m |
| Localización | |
Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes.
De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4,5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.
A lenda conta que se formou ao petrificar Zeus un lagarto xigante que intentou comer Creta. Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.
Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.