Día, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día, Δíα
Vista da illa
Dia Island.jpg
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Creta
Linguas Grego
Poboación (2010) Deshabitada
Superficie 12,5 km²
Densidade
Coordenadas 35°27′N 25°13′E / 35.450°N 25.217°E / 35.450; 25.217
Maior Altura 268 m
Localización
Localización  da illa

Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes.

De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4,5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.


A lenda conta que se formou ao petrificar Zeus un lagarto xigante que intentou comer Creta. Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.

Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.