Década Ominosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denominase Década Ominosa (1823-1833) ao período da historia de España que corresponde á última fase do reinado de Fernando VII e á restauración do absolutismo tras o Trienio Liberal (1820-1823) en que rexiu a Constitución de Cádiz promulgada en 1812.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O período ábrese coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, o 7 de abril de 1823, exército francés ao mando de Luis Antonio de Borbón, duque de Angulema, que someteu á España liberal por orde da Santa Alianza, moi preocupada polo desenvolvemento do liberalismo en España e azuzada polos emisarios secretos que o rei español enviou ás potencias coaligadas para que lle evitaran a necesidade de ter que gobernar someténdose a unha constitución.[1] [2] [3] [4]

Neste período tivo lugar unha das máis grandes represións dos liberais que puideron quedarse na Península, pois os máis significados tiveron que emigrar en masa, sobre todo a Londres (onde se concentraron no barrio de Somerstown), pero tamén a Malta, París, Estados Unidos e ás recentemente creadas repúblicas hispanoamericanas para evitar a morte. O xeneral Rafael del Riego foi executado na praza da Cebada de Madrid o 7 de novembro de 1823 como medida exemplificadora.

Estableceuse unha estrita censura, redactouse un arcaico e reaccionario plan de estudos universitarios (polo ministro de Gracia e Xustiza Francisco Tadeo Calomarde) e foron sufocados, por unha parte, diversos levantamentos precarlistas pola irresolta cuestión da lei Sálica, como o dos Malcontents en Cataluña e por otro, intentos de insurrección liberal e pronunciamentos preparados na súa maior parte no estranxeiro, como os de Torrijos ou os dos Coloraos en Almería, entre outros moitos.

O exército francés permaneceu varios anos en España, pagado polos impostos sangrados a un país en bancarrota e sometido por un rei afrancesado e ridiculizado en toda Europa, e que tiña medo do exército popular nacido na Guerra da Independencia, polo que o substituíu polos escuadróns locais dos chamados Voluntarios Realistas, un corpo tradicionalista partidario da alianza entre trono e altar que pretendía substituir á Milicia nacional voluntaria liberal.

Perdeuse definitivamente o tren da Revolución industrial, que se desenvolvería tardía e irregularmente en España, e foron executados liberais inocentes, como Mariana Pineda ou o libreiro Miyar.

O 31 de marzo de 1830, Fernando VII publica a Pragmática Sanción, aprobada por Carlos IV en 1789, pero que non estaba promulgada, que permitía a sucesión femenina ao trono, polo que as aspiracións á Coroa do irmán do rei foron truncadas co nacemento de Isabel II, o que pouco despois daría lugar á Primeira Guerra Carlista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tradicionalmente a historiografía española considerou que a Santa Alianza, no Congreso de Verona, deu o mandato a Francia para invadir España e acabar coo Trienio Liberal. Ese mandato se concretaría nun suposto acordo secreto que condenaría a todo réxime liberal e a liberdade de prensa, pero este acordo só se reflicte na historiografía española, sen existir en ningún arquivo. Algúns historiadores españoles, como Jerónimo Bécker, consideran que é posíbel que se trate dunha falsificación, meentres que a historiografía non española dá por segura esta.
  2. Pereira, Juan Carlos (1983): Introducción al estudio de la política exterior de España (siglos XIX y XX). Madrid.
  3. Bécker, Jerónimo (q1924): Historia de las Relaciones Exteriores de España durante el siglo XIX (Apuntes para una Historia diplomática), tomo I (1800-1839), Madrid, nota 1, páx. 510.
  4. Schellenberg, T. R., "The Secret Treaty of Verona: A Newspaper Forgery", in The Journal of Modern History, Vol. 7, Nº 3 (Set. 1935), páxs. 280-291.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 84-206-2046-7, páxs. 41-52.
  • Fernández de Pinedo, Emiliano; Gil Novales, Alberto, e Dérozier, Albert (1980): Centralismo, Ilustración y agonía de Antiguo Régimen (1715-1833). Vol. VII de: Manuel Tuñón de Lara (dir.) Historia de España. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-9427-3, páxs. 276-308.
  • Luis, Jean-Philippe (2001): "La década ominosa (1823-1833), una etapa desconocida en la construcción de la España contemporánea", Ayer, Nº 41 (Número dedicado a: Fernando VII. Su reinado y su imagen), páxs. 85-118.
  • Palacio Atard, Vicente (1981): La España del siglo XIX. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4959-1, páxs. 95-111.
  • Voltes, Pedro (1985): Ferrnando VII. Vida y reinado. VBarcelona: Editorial Juventud. ISBN 84-261-2959-4, páxs. 132-154.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]