Ciprinodóntidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cyprinodontidae»)
Cyprinodon diabolis

Os Ciprinodóntidos (Cyprinodontidae, Gill 1865) son unha familia de peixes teleósteos, incluídos na orde Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes).

Características[editar | editar a fonte]

Son peixes pequenos (talles máximos duns 22 cm) e están presentes en augas temperadas de tódolos continentes, salvo en Australia. Habitan en augas doces e salobres, rara vez na costa mariña (o Aphanius iberus é habitual tanto de ríos como de zonas salgadas).

A boca é apical e moi elevada respecto da cabeza. Presentan bandas verticais ó longo do corpo, dispostas de forma variable segundo a especie e o sexo do individuo, e pode converterse nun patrón de puntos máis ou menos aliñados.

Os machos carecen do gonopodio, polo que son peixes ovíparos e de fecundación externa.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Esta familia formaba parte, ata 1964, da orde Atheriniformes, data na que pasou a considerarse dentro dunha orde propia, a dos Cyprinodontiformes.

Divídense en dez xéneros con 119 especies (FishBase):

  • Xénero Aphanius
  • Xénero Cualac
  • Xénero Cubanichthys
  • Xénero Cyprinodon
  • Xénero Floridichthys
  • Xénero Garmanella
  • Xénero Jordanella
  • Xénero Lebias
  • Xénero Megupsilon
  • Xénero Orestias

En España están presentes tres especies, endémicas: Valencia hispanica, Aphanius baeticus e Aphanius iberus. As tres están en situación de risco de extinción, polas actividades antrópicas, especialmente a destrución dos seus hábitats e a introdución de especies exóticas, que actúan como predadoras ou como competidoras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]