Cynddylan ap Cyndrwyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cynddylan, ou Cynddylan ap Cyndrwyn ("Cynddylan fillo de Cyndrwyn" ), foi un príncipe galés do século VII en Pengwern. Segundo algúns historiadores debeu ser tamén rei de Dogfeiling, que era unha parte do reino en Gwynedd de arredor de Rhuthun, ao norte do de Powys, en Gales.[1]

Temos textos sobre a súa morte nun poema galés do século IX chamado Marwnad Cynddylan (pranto por Cynddylan), e tamén no Canu Heledd, sendo Heledd o nome da súa irmá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EBK: Orixe da liñaxe Glastening". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]