Xoán Cuveiro Piñol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cuveiro")

Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906, foi un lingüista e escritor galego.

[editar] Traxectoria

Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.

Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).

Colaborou en A Monteira e Revista Gallega e promoveu diversas publicacións periódicas en Pontevedra como Las Musas del Lérez, El Circulador, La Distracción, El Vociclero, El Libre Pontevedrés, La Opinión e La Revista.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas