Cutina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cutina é un polímero ceroso que é un dos principais compoñentes da cutícula da epiderme das plantas, que cobre todas as superficies aéreas da planta. Outro compoñente parecido da cutícula de moitas plantas de ambientes secos é o cután, que se preserva máis facilmente no rexistro fósil.[1]

A cutina está formada por omega hidroxiácidos e os seus derivados, que están unidos entre si por enlaces éster, formando un polímero de poliésteres de tamaño indeterminado.

Hai dúas familias principais de monómeros da cutina, as familias C16 e C18. A familia C16 consiste principalmente en ácido 16-hidroxipalmítico e ácido 9,16- ou 10,16-dihidroxipalmítico. A familia C18 consiste principalmente en ácido 18-hidroxioleico, ácido 9,10-epoxi-18-hidroxiesteárico, e 9,10,18-trihidroxiestearato.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Briggs, D.E.G. (1999). "Molecular taphonomy of animal and plant cuticles: selective preservation and diagenesis". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 354 (1379): 7–17. doi:10.1098/rstb.1999.0356. 
  2. Holloway, PJ (1982). "The chemical constitution of plant cutins". In Cutler, DF, Alvin, KL and Price, CE (1982) The Plant Cuticle. Academic Press London, pp 45–85.