Cután

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cután é un polímero que forma parte da cutícula de moitas plantas, xunto coa cutina. O cután crese que é un polímero hidrocarbonado, entanto que a cutina é un poliéster, pero a estrutura e a síntese do cután non se comprenden aínda ben.[1]

O cután foi detectado primeiramente como un compoñente insaponificable, resistente á desesterificación por hidrólise alcalina, que aumenta en cantidade nas cutículas dalgunhas especies como Clivia miniata cando chegan á madurez, aparentemente substituíndo á cutina segregada nas fases iniciais do desenvolvemento.[2] As probas de que o cután é un polímero hidrocarbonado veñen de que os produtos da súa pirólise son unha serie homóloga característica de pares de alquenos e alcanos.[3]

A súa preservación potencial é moito mellor ca a da cutina, polo que se preserva mellor no rexistro fósil.[1]

O cután foi detectado inicialmente en Clivia miniata e en Agave americana, pero despois illouse de moitas plantas de ambientes secos con follas suculentas e case todas con fotosíntese CAM.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Briggs, D.E.G. (1999). "Molecular taphonomy of animal and plant cuticles: selective preservation and diagenesis". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 354 (1379): 7–17. DOI:10.1098/rstb.1999.0356. http://journals.royalsociety.org/index/7TTY8KM0Y9PADF1X.pdf. 
  2. Schmidt, H. W. and Schönherr, J. (1982) Development of plant cuticles - occurrence and role of non-ester bonds in cutin of Clivia miniata Reg. leaves, Planta, 156, pp. 380–384.
  3. Nip, M., Tegelaar, E. W., de Leeuw, J. W., Schenck, P. A., and Holloway, P. J. (1986) A new non-saponifiable highly-aliphatic and resistant bioploymer in plant cuticles. Evidence from pyrolysis and 13C-NMR analysis of present-day and fossil plants. Naturwissenschaften, 73, pp. 579–585.
  4. Boom, A.; Sinningedamste, J.; Deleeuw, J. (2005). "Cutan, a common aliphatic biopolymer in cuticles of drought-adapted plants". Organic Geochemistry 36 (4): 595. DOI:10.1016/j.orggeochem.2004.10.017. [1]