Curva de demanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curvas de demanda e curva de oferta.

A curva de demanda amosa a máxima cantidade de bens e servizos que un consumidor estaría disposto a pagar por cada nivel de prezos. Estúdase de forma conxunta coa curva de oferta (unha hipérbole). O punto no que coinciden coñécese co nome de equilibrio entre a oferta e a demanda.

Os factores que determinan a demanda dun ben son o prezo do mesmo, o prezo dos demais bens, a renda persoal do consumidor e tamén as preferencias ou gustos dos individuos. Os desprazamentos ao longo da curva de demanda expresan a variación da cantidade demandada por efecto do prezo.

A curva de demanda prezo normalmente ten unha traxectoria descendente que amosa como, a medida que sobe o prezo, vai descendendo o consumo do produto. Excepcionalmente existen uns bens, denominados bens giffen, para os que a curva de demanda prezo non é decrecente.

Desprazamento da curva de demanda[editar | editar a fonte]

Cando a curva de demanda se despraza cara á dereita, explica un aumento na demanda debido á variación de outro factor distinto do propio prezo, e cando a curva se despraza cara a esquerda isto manifesta unha baixada na demanda debida tamén á variación doutro factor distinto ao prezo. Outros factores externos que inflúen no desprazamento da curva son o aumento da poboación demandante do ben e os cambios nas perspectivas de prezos futuros.