Curuxo americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curuxo americano
Rodaballo areeiro
Scophthalmus aquosus
Scophthalmus aquosus visto de fronte
Scophthalmus aquosus visto de fronte
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Familia: Scophthalmidae
Xénero: Scophthalmus
Especie: S. aquosus
Nome binomial
Scophthalmus aquosus
Mitchill, 1815
Sinonimia
  • Pleuronectes aquosus Mitchill, 1815

O curuxo americano,[1] ou rodaballo areeiro, Scophthalmus aquosus, é unha especie de peixe da familia dos escoftálmidos de gran tamaño (até os 45,7 cm de lonxitude), que vive xeralmente a profundidades de 73 a 55 m no Atlántico noroccidental, desde o golfo de San Lourenzo en Canadá até a Florida nos Estados Unidos.[2]

A especie denomínase en inglés windowpane (cristal de ventá), brill (curuxo), spotted flounder (linguado pinto), sand dab (maruca de area) ou sand flounder (linguado de area), e en francés turbot de sable (rodaballo de area).

Descrición[editar | editar a fonte]

O flanco esquerdo (lado ocular) é dunha cor que vai da avermellada á parda agrisada, con varias puntos marróns e brancos plusieurs dispostos de forma que recordan pétalos de flor. As aletas dorsais, anais e caudais presentan o mesmo aspecto manchado, e o flanco dereito (lado cego) é xeralmente branco con algunhas machas escuras.

Segundo un estudo realizado na década de 1960 no Long Island Sound, os individuos de 7 anos acadan unha lonxitude de 30 cm. Rexistrouse un tamaño máximo de 45,7 cm en animais de máis de 7 anos.[2]

Co '"linguado de verán" (Paralichthys dentatus), e o único peixe plano do leste do Canadá que é sinistro (de lado ocular á esquerda) e que ten unha gran boca, distinguíndose ben porén polas súas manchas. O rodaballo areeiro recoñécese inmediatamente pola súa forma case circular, a crista con flocos ao principio da súa dorsal e a súa aleta pelviana esquerda, que á máis longa que alta.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Vista ventral do curuxo americano.

Os curuxos areeiros frecuentan augas pouco profundas sobre fondos areosos; encóntranse cerca da das costas norteamericanas e nalgúns bancos, desde o golfo de San Lourenzo até Carolina do Sur, chegando ás veces até a Florida. Nesta especie non se notaron grandes desprazamentos.

Os adultos toleran un amplo rango de temperaturas, pero a distribución dos individuos indica que a reprodución require unha auga quente en verán.

O rodaballo areeiro aliméntase principalmente de gambas, camaróns e peixes pequenos (de menos de 10 cm).[2]

Economía[editar | editar a fonte]

É unha especie de relativa importancia comercial. Segundo cifras do Ministerio de agricultura, pesca e alimentación de Québec, só se capturaron 52 toneladas de rodaballo de area en 2005.

É un peixe pouco consumido no Canadá, xa que a súas poboacións son limitados e a delgadeza do seu corpo fai difícil o seu fileteado. Polo que respecta aos Estados Unidos, consumíronse determinadas cantidades durante a Segunda Guerra Mundial.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 84.
  2. 2,0 2,1 2,2 Scophthalmus aquosus en FishBase (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Eschmeyer, W. N. (ed.) (1998): Catalog of fishes. Special Publication, California Academy of Sciences, San Francisco. 3 vols. 2905 pp.
  • Robins, C. R. e G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Houghton Mifflin Company, Boston, U.S.A. 354 pp.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]