Curuxa gabián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curuxa gabián
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Surnia
Duméril, 1805
Especie: S. ulula
Nome binomial
'Surnia ulula'
(Linnaeus, 1758
Range of S. ulula )
Range of S. ulula )

Range of S. ulula )
Surnia ulula ulula

A curuxa gabián (Surnia ulula) é unha especie de ave de rapina da orde das Estrixiformes.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Estríxida de tamaño mediano. Plumaxe moi barrado no dorso. O ventre é raiado, similar ó gabián. Na cara salientan dúas liñas negras verticais características. Ambos sexos son idénticos. Estritamente nocturna e crepuscular.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cría en ocos de árbores ou aproveita niños abandonados doutras aves de presa. A posta costa entre 3 e 13 ovos, permanecendo os xuvenís 30 días no niño.

Nutrición[editar | editar a fonte]

Sobre todo lemmings, musarañas e outros roedores. Tamén aves de pequeno tamaño.

Distribución[editar | editar a fonte]

Dende Escandinavia ata a península de Kamchatka.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)