Curtiss P-40 Warhawk
| Curtiss P-40 Warhawk | |
|---|---|
| Prototipo do Warhawk | |
| Tipo | Caza |
| Fabricante | Curtiss-Wright Corporation |
| Deseñado por | Donovan Berlin |
| Primeiro voo | outubro de 1938 |
| Retirado | 1958 (Brasil) |
| Produción | 1939 - 1944 |
| Construídos | 13.738 |
O Curtiss P-40 Warhawk foi un caza monopraza estadounidense da Segunda Guerra Mundial. Foi basicamente un P-36 reformado para equipar un motor lineal. O seu prototipo voou por primeira vez en outubro de 1938. Usouse sobre todo en misións de ataque ao chan e foi tamén empregado polos británicos, neocelandeses, canadenses e australianos cos nomes Tomahawk e Kittyhawk.
A falta dun compresor de dúas etapas no P-40 converteuno nun modelo inferior aos cazas da Luftwaffe como o Messerschmitt Bf 109 e o Focke-Wulf Fw 190 a gran altitude e raramente foi usado en operacións de combate en Europa occidental. Porén, entre 1941 e 1944 xogou un papel moi importante no norte de África, no pacífico e en China. Tamén foi significante o seu traballo en Oriente Medio, o sudeste asiático, o leste de Europa, Alasca e Italia.