Curtis Mayfield
| Curtis Mayfield | |
|---|---|
| Nome completo | Curtis Lee Mayfield |
| Alias | |
| Naceu | 3 de xuño de 1942 |
| Orixe | Chicago, Illinois |
| Morreu | 26 de decembro de 1999 (57 anos) |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | voz, guitarra, baixo, piano, saxofón, batería |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 1956 - 1999 |
| Web | |
Curtis Lee Mayfield (3 de xuño de 1942 – 26 de decembro de 1999) foi un compositor, cantante e produtor de soul, R&B e funk estadounidense. É coñecido polos seus himnos con The Impressions durante o Movemento polos Dereitos Civís dos anos 60, e por compoñer a banda sonora do filme blaxploitation Super Fly. Mayfield está considerado un dos pioneiros do funk e da conciencia política na música afroamericana. Tamén foi un multi-instrumentista que tocou a guitarra, baixo, piano, saxofón e batería. Mayfield gañou ous premios Grammy Legend Award (en 1994) e Grammy Lifetime Achievement Award (en 1995), e foi introducido dúas veces no The Rock and Roll Hall of Fame, unha como membro de The Impressions en 1991 e outra como artista en solitario en 1999. Tamén entrou dúas veces no Grammy Hall of Fame.