Cursive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cursive
Cursiveband1.jpg
Orixe Omaha, Nebraska, Flag of the United States.svg
Período 1995 - 1998
1999 - actualidade
Xénero(s) post-hardcore, indie rock
Selo(s) discográfico(s) Saddle Creek
Membros Tim Kasher
Matt Maginn
Ted Stevens
Cully Symington
Antigos membros Clint Schnase
Gretta Cohn
Steve Pedersen
Cornbread Compton
Web oficial http://www.cursivearmy.com/


Cursive é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Omaha, Nebraska e formada no ano 1995 a partir das cinzas do grupo Slowdown Virginia.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formárona en 1995 Tim Kasher, Matt Maginn, Steve Pedersen e Clint Schnase. En 1997 editaron Such Blinding Stars for Starving Eyes. Despois dun par de anos de xira, separouse en 1998. Despois da separación editaron The Storms of Early Summer: Semantics no outono dese ano, e un ano despois, no verán de 1999 volveuse a reunir. Pedersen comezara a estudar na escola de dereito e posteriormente formou The White Octave, entón Ted Stevens uníuse á banda. No ano 2000 o seu álbum conceptual Domestica, que gañou a atención dos seareiros e a crítica.

Cursive engadíua á chelista Gretta Cohn no ano 2001; as cordas engadíronlle á banda sons complementarios ao seu EP Burst and Bloom, editado ese mesmo ano. No ano 2002 realizou unha xira chamada Take Action! Tour.

Saddle Creek Records editou The Ugly Organ no 2003. Rolling Stone deulle unha puntuación de 4 estrelas, mentres que a revista de música alternativa Alternative Press dñeulle unha puntuación de 5 sobre 5. No ano 2004 The Cure elexíu a Cursive para xirar con eles na súa xira Curiosa, xunto con Interpol, The Rapture, Mogwai, Scarling. e The Cooper Temple Clause. Despois diso a banda entrou en hiato sen especificar unha data de regreso.

O selo sacou un recompilatorio de cancións non editadas e caras-b, The Difference Between Houses and Homes, o 9 de agosto do 2005. Gretta deixou a banda a mediados dese ano para adicarse a outros proxectos musicais e formou a banda Twin Thousands, con base en Brooklyn. O grupo non lle buscou substituto e converteuse nun cuarteto.

Despois do hiato, Saddle Creek anunciou que Kasher deixara temporalmente de traballar no seu proxecto paralelo, The Good Life, para comezar a gravar un disco con Cursive. O álbum, Happy Hollow, foi editado o 22 de agosto do 2006, e o seu primeiro sinxelo foi "Dorothy at Forty", aparecido o 11 de xullo. Con este álbum, Kasher deixou atrás as súas letras auto-reflexivas para concentrarse na política, as vidas baleiras e a hipocresía relixiosa. As revistas musicais Spin, URB, Time Out New York e Blender déronlle ao disco catro estrelas, e a Rolling Stone otorgoulle un 3,5, mentres que a revista alternativa Alternative Press deulle un 5 sobre 5.

En outubro, despois da edición, a banda revelou plans de ofrecer ao seu público a posibilidade de que remesturase o tema "Bad Sects" nun concurso a través da súa páxina. O tema do gañador aparecería como cara-b nun novo sinxelo de Cursive.

O álbum máis recente de Cursive Mama, I'm Swollen, editouse o 10 de marzo do 2009 a través do selo Saddle Creek Records. Tres días despois Cursive realizou a súa rimeira actiaciçon en televisión, tocando "From The Hips" no programa Late Show with David Letterman.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]