Curro da Valga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°59′37.33″N 8°51′21.29″O / 41.9937028, -8.8559139 O curro da Valga é unha rapa das bestas que se celebra na Valga (Loureza, Oia) durante o segundo domingo de maio. É o primeiro curro do Val Miñor- Serra da Groba do ano.

De madrugada os veciños soben ó monte dirixidos polo bestilleiro e acurralan as burras do monte. O rito comeza coa baixa: acoso, acurralamento e condución dos grupos de cabalos. Os animais van descendendo ata chegar ó curro.

No recinto do curro, realízase a rapa das bestas: márcanse (cada dono posúe o seu marco) a lume e córtanselle as crinas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Curro da Valga". Turgalicia. Arquivado dende o orixinal o 06/08/2016. Consultado o 24/6/2016.