Curdos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade do Kurdistán.

Os curdos son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Curdistán, no sudoeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os curdos son na súa maioría musulmáns sunís.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora curda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da primeira Guerra Mundial, na que apoiaron aos aliados contra o Imperio Otomán, os curdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Curdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Feitos da historia moderna curda[editar | editar a fonte]

Persoeiros curdos históricos[editar | editar a fonte]

  • Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato Fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Curdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder del estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]