Kurdistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Curdistán")
Bandeira do Curdistán

O Kurdistán,[1] ás veces escrito Curdistán,[2] é o territorio tradicional no que habita o pobo curdo. Politicamente a maior parte corresponde a Turquía e o resto a Iraq, Irán, Siria e Armenia. Os seus límites exactos son difíciles de establecer, xa que ningún dos estados recoñece o Curdistán como unha rexión cultural, xeográfica ou política. Segundo os cálculos máis conservadores o Curdistán cobre unha área de 190.000 km² no que habitan 25.000.000 de persoas, pero outras fontes elevan a súa superficie a máis de 500.000 km² no que viven 40.000.000 de persoas. O curdos son na súa maioría sunitas, que se organizan en clans e, maiormente, falan a lingua curda.

Xeografía[editar | editar a fonte]

mapa do Curdistán

As súas maiores cidades son Mosul, Irbil, Kirkuk, Saqqez, Hamadan, Erzurum e Diyarbakir. Posúe un relevo accidentado, co máximo nas montañas da Alta Mesopotamia, onde está o Monte Ararat (Büyük Agri) con 5165 m. de altitude, na fronteira entre Turquía e Armenia, suavizando ata os planaltos do norte iraquí. Está tamén a cadea de montañas Anti-Taurus, en Siria/Turquía. O seu maior lago é o Van, no lado turco, con aproximadamente 12.000 km². O Alto Tigris e mailo Alto Eufrates pasan por aí.

Demografía[editar | editar a fonte]

Fóra do Curdistán hai importantes concentracións de kurdos, o maior enclave sitúase no norte de Khorasan, no noreste de Irán, hai tamén pequenas comunidades esparexidas na cordal de Alburz (Irán) e no centro de Anatolia

Territorio habitado polo pobo curdo

Cultura[editar | editar a fonte]

No 1966 unha parte do Curdistán pertencente ao estado iraquí conquistou autonomía cultural e administrativa do Irak.

Historia[editar | editar a fonte]

No tratado de Sèvres (1920) prometéuselles aos kurdos a constitución dun estado independente, dende entón unha parte dos movementos nacionalistas kurdos reivindican a independencia da área que se acordou en Sèvres. A partir de mediados do século XX, sucédense diferentes rebelións curdas na Turquía e no Irak. O proxecto dun Estado Curdo ten por opositores ós gobernos da rexión, que reprimen con violencia os separatistas.

Baixo o comando de Öcalan, o PKK inicia en 1984 a loita armada contra o goberno turco - que non recoñece a existencia da etnia curda e prohibe o seu idioma. Os guerrilleiros contan co apoio do goberno sirio e manteñen bases no Irán e no Irak. A intensificación das accións do PKK case provoca unha guerra entre Turquia e Siria, no final de 1998. Para evitar o conflito, os sirios retiran o apoio aos rebeldes e expulsan a Öcalan do país, que foxe para a Federación Rusa e tenta obter asilo político na Italia, sen éxito. En febreiro de 1999, Öcalan é apresado en Quenia, onde se refuxiara na embaixada de Grecia.

A dirección do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) anuncia, en febreiro de 2000, a fin da loita armada contra o goberno de Turquía, apoiando as posicións do seu principal líder, Abdullah Öcalan, condenado a morte pola xustiza turca. Porén forzas turcas continúan atacando bases do PKK no veciño Irak. Cerca de 40 milleiros de persoas morreron no conflito do Curdistán turco.

Xulgado en Turquía, Öcalan xura fidelidade ao Estado turco e anuncia a fin da guerrilla do PKK, aínda así é condenado a morte en xuño. A sentenza é ratificada pola "Suprema Corte de Apelacións", en novembro. Hai presións contrarias á aplicación da sentenza e a Unión Europea deixa claro que a execución de Öcalan pesará moito na inclusión ou non de Turquía, cuxos integrantes non aceptan a pena capital.

O conflito entre o goberno turco e a guerrilla curda esténdese con frecuencia ao Curdistán iraquí. Após a Guerra do Golfo (1991) créase unha zona de seguridade no norte de Irak para protexer ós curdos que se rebelan contra Saddam Hussein. Forzas turcas teñen invadido a rexión co pretexto de destruír as bases do PKK alá instaladas. A última onda de incursións ocorre en febreiro e marzo de 2000, a pesar da decisión do PKK de depor as armas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kurdistán