Cunca sedimentaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deserto de Taklamakan, baixo a superficie do cal xace a cunca sedimentaria do Tarim, unha acumulación de varios quilómetros de espesor de sedimentos traídos desde a meseta tibetana (ao sur) e da cordilleira do Tian Shan (ao norte) pola rede fluvial. A lonxitude da cunca é duns 1000 km.

En xeoloxía e xeografía física, unha bacía sedimentaria é unha zona onde se depositan os sedimentos produto da erosión da superficie da Terra mediante, normalmente, acción fluvial.

Adóitase falar de cunca sedimentaria cando o espesor dos sedimentos é duns centos de metros e ten unha extensión de decenas de quilómetros cadrados, sendo habituais grosores de varios km e extensións de decenas de miles de km².

Exemplos de cuncas sedimentarias son: a conca do [Río Ebro|Ebro]], a conca de Molasse (flanco norte dos Alpes), conca do Guadalquivir, conca do Ganxes (flanco sur do Himalaia), a bacía do Paraná.

A formación dunha cunca sedimentaria require un aporte de sedimentos e un lugar que favoreza a deposición dos mesmos.

A análise de cuncas é a parte da estratigrafía que se ocupa do estudo das cuncas sedimentarias. De feito, a análise das cuncas sedimentarias é o fin último dos estudos estratigráficos, integrando os datos estratigráficos dos materiais de recheo xunto a outros tectónicos, petrolóxicos, xeoquímicos, etc.[1]

A principal importancia social das cuncas sedimentarias é que nelas danse as condicións ideais para a maduración de hidrocarburos.

A principal relevancia desde o punto de vista científico é que a estrutura e idade do recheo sedimentario das cuncas constitúen o mellor rexistro de eventos de deformación tectónica e doutros procesos xeolóxicos.

Tipos de cuncas[editar | editar a fonte]

Cuncas sedimentarias de antepaís[editar | editar a fonte]

Formadas xunto a oróxenos compresivos debido á flexión da litosfera terrestre baixo o peso das rochas apiladas durante a colisión tectónica. Ex.: Cunca do Ganxes, xunto ao Himalaia.

Cuncas sedimentarias marxinais[editar | editar a fonte]

Formadas nas marxes dos continentes, xeralmente fronte ás desembocaduras de ríos de importancia. Ex.: Delta do Nilo.

Cuncas sedimentarias extensivas[editar | editar a fonte]

Formadas en zonas onde a codia terrestre foi estendida e adelgazada. Ex.: Graben do Rin.

Cuncas sedimentarias de pull-apart[editar | editar a fonte]

Formadas en zonas de desgarre tectónico. Ex.: Mar Morto.

Cuncas sedimentarias carbonatadas[editar | editar a fonte]

Formadas por acumulación de carbonato cálcico biótico. Ex.: Cunca do Mar Caribe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vera Torres, J. A. (1994). Estratigrafía. Principios y métodos. Madrid: Editorial Rueda. pp. 806. ISBN 84-7207-074-3.