Cunca do Polo Norte (Marte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cunca do Polo Norte (Marte)
Phoenix mission horizon stitched high definition.jpg
Vista das planicies da Cunca do Polo Norte marciano , fotografía tomada pola sonda da NASA Phoenix lander, no ano 2008. Pódense aprecia-las placas poligonais producidas pola crioturbación no permafrost marciano.
Tipo de accidente xeolóxico Posible cunca de impacto
Rexión de Marte
Dimensións 10.600 km x 8.500 km dimensións do posible cráter elíptico[1]
Altitude 4-5 km por debaixo do datum marciano.[2]
Coordenadas 67° N 208° E coord. do posible impacto[1]
A Cunca do Polo Norte sería a zona que aparece en azul, exceptuando a zona que ocupa Utopia Planitia, a forma elíptica está interrompida pola rexión de Tharsis, que aparece en vermello.

A Cunca do Polo Norte, ou a Cunca Boreal, é unha gran cunca ou planicie de baixa altitude que está situada no hemisferio norte marciano, e que cubre case o 40% do planeta. Chryse Planitia, o lugar de aterraxe da Viking 1, sería unha baía que se abre cara está cunca.

Unha das posibles explicacións da baixa altitude, do relevo case plano desta cunca, e da falta de cráteres é que está cunca tivo a súa orixe a través dun gran impacto dun meteorito. Dúas hipóteses compiten por dar unha posible resposta á orixe por colisión desta cunca: a primeira sería o resultado dun impacto a baixa velocidade (6 – 10 km/s), cun ángulo oblicuo e un diámetro duns 1.600 - 2.700 km;[3][4] a segunda hipótese extraída dos datos topográficos proporcionados pola Mars Global Surveyor e que coincide cos modelos que suxiren a formación dun cráter cunhas dimensións de 10.600 km por 8.500 km, o impacto estaría centrado nas coordenadas 67° N 208° E, parte do cráter sería recuberto polas erupcións que crearon a rexión do Tharsis. Existen tamén evidencias dun segundo posible cráter/impacto.[1][5] Está última hipótese, faría desta cunca e por moito, o cráter de impacto máis grande do Sistema Solar, aproximadamente con catro veces máis diámetro cá Cunca Aitken (na Lúa) ou que Hellas Planitia no hemisferio sur de Marte.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Zuber, MT; Banerdt, WB; (2008). The Borealis basin and the origin of the Martian crustal dichotomy. 453. pp. 1212–1215. Bibcode 2008Natur.453.1212A. DOI:10.1038/nature07011. PMID 18580944. 
  2. "Mapa detallado do cuadrante MC-01 Mare Borearum". http://planetarynames.wr.usgs.gov/images/mc1_mola.pdf. Consultado o 31-03-2012. 
  3. Marinova e o seu equipo; Aharonson, O; Asphaug, E; (2008). "Mega-impact formation of the Mars hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1216–1219. Bibcode 2008Natur.453.1216M. DOI:10.1038/nature07070. PMID 18580945. 
  4. Hart, SD; Korycansky, DG; Agnor, CB; (2008). "Implications of an impact origin for the Martian hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1220–1223. Bibcode 2008Natur.453.1220N. DOI:10.1038/nature07025. PMID 18580946. 
  5. "Huge Impact Created Mars' Split Personality". Space.com. http://www.space.com/scienceastronomy/080625-mars-impact.html. Consultado o 01-04-2012. 
  6. Chandler, David (25-06-2008). "Solar system's biggest impact scar discovered: MIT scientists solve riddle of Mars' two-faced nature". MIT News. http://web.mit.edu/newsoffice/2008/mars-basin-0625.html. Consultado o 15-04-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]