Cultura francesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A obra mestra de Eugène Delacroix, chamada A liberdade guiando ao pobo, trata da Revolución de 1830 a través do estilo do Romanticismo. Como Liberdade forma parte do slogan en francés «Liberté, égalité, fraternité»; esta obra representa á mesma República Francesa. O primeiro punto de vista dá a idea de que o pobo revolucionario non teme desposuír aos politicos do poder se eles non outorgan liberdade.

Francia é un país de moi rica e diversa cultura que influíu positivamente de gran xeito en Europa e o mundo enteiro. Os seus valores de liberdade, igualdade e fraternidad e a súa Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, son herdanzas que a humanidade enteira recolle.

Francia fixo destacadísimas contribucións á humanidade nos campos das ciencias, as letras, as artes e todos os saberes.

Caracterizada polo savoir vivre, ten valiosas tradicións, entre elas a exquisita gastronomía, na que destacan os seus queixos e viños; tamén, a alta costura, e a súa tradición de excelencia en todos os campos.

A cultura de Francia é un factor presente no desenvolvemento da cultura de países relativamente novos, como Canadá e os Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]