Cultura da violación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Índices de violación (segundo informes da policía) por 100 000 habitantes 2010–2012.

A cultura da violación é un concepto sociolóxico usado para describir unha cultura, unha sociedade e unha época determinadas nas que a violación é omnipresente e normalizada debido a actitudes sociais sobre xénero e sexualidade.[1][2] Esta expresión emprégase de xeito xeneralizado dende o ano 2012 para designar a calquera cultura que permite desacreditar, responsabilizar ou culpabilizar as persoas agredidas, que representan o corpo feminino como dispoñible ("violable", mentres que o dun home non o é) e a glamurización e banalización da violencia. Esta cultura é perpetuada e normalizada a través da linguaxe misóxina. Países enteiros de Europa e América do Norte foron acusados de seren culturas de violación.[3][4][5][6][7][8]

Esta cultura provoca que, malia desfrutar dunhas leis escritas supostamente igualitarias, na práctica se promova o machismo e a violencia contra as mulleres. Está tan enraizada na sociedade que se fai invisible e é lexítima. Así, a violación e as agresións contra as mulleres en xeral permítense, conséntense e normalízanse socialmente e mesmo no eido xudicial. Outro trazo distintivo desta cultura é o non recoñecemento de que o violador pode ser calquera persoa, que de feito adoitan ser pais de familia e coñecidos das súas vítimas e veciños, e non que se tratan de casos illados perpetrados por tolos.

A cultura da violación implica todo un sistema e todas aquelas persoas que normalizan o delito. Tamén o é todo o sistema xudicial patriarcal que nega o valor da palabra da muller, a cuestiona ou alude a ela dende a culpabilidade. Así, permite converter en culpable a muller que padeceu o abuso e en troques confraterniza cos violadores: cuestiona a muller antes, durante e despois da agresión coa única finalidade de xustificar o violador.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Olfman, Sharna (2009). The Sexualization of Childhood. ABC-CLIO. p. 9. 
  2. Flintoft, Rebecca (outubro de 2001). John Nicoletti; Sally Spencer-Thomas; Christopher M. Bollinger, eds. Violence Goes to College: The Authoritative Guide to Prevention and Intervention. Charles C Thomas. p. 134. ISBN 978-0398071912. 
  3. Olfman, Sharna (2009). The Sexualization of Childhood. ABC-CLIO. 
  4. Flintoft, Rebecca (outubro de 2001). John Nicoletti, Sally Spencer-Thomas, Christopher M. Bollinger, ed. Violence Goes to College: The Authoritative Guide to Prevention and Intervention. Charles C Thomas. p. 134. ISBN 978-0398071912. 
  5. Núria Marrón, Paraules que 'hackegen' la cultura de la violació, El Periódico, 14 de outubro de 2017 (en catalán)
  6. Patricia Rozee, Resisting a Rape Culture, Rape Resistance, 2012 (en inglés)
  7. Micah Steffes, The American Rape Culture, High Plains Reader, febrer de 2012. (en inglés)
  8. Bel Olid, Feminisme de butxaca, Angle, 2017 (en catalán)
  9. Isabel Muntané, La normalització de la cultura de la violació, diari Ara, 18 de novembro de 2017. (en catalán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.