Cul de Sac
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cul de Sac | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Boston, Massachusetts, |
| Período | 1990 - actualidade |
| Xénero(s) | post-rock, rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Shock Records, Nuf Sed, Lunar Rotation, New World of Sound, Earworm, Rough Trade/Capella, Northeastern, Flying Nun Records, Thirsty Ear, Strange Attractors Audio House |
| Membros | Glenn Jones Robin Amos Jon Proudman Jonathan LaMaster Jake Trussell |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Cul de Sac é unha banda de post-rock estadounidense formada en 1990 en Boston, Massachusetts. A súa música é principalmente instrumental. Está liderada polo guitarrista Glenn Jones, que xunto ao teclista Robin Amos son os únicos membros constantes da banda.
Cul de Sac foi clasificada por moitos críticos como post-rock, pero Jones ten expresado a súa disconformidade con ese termo. A banda ten colaborado co guitarrista John Fahey e co cantante de Can Damo Suzuki.
Glenn Jones tamén gravou tres álbums en solitario, This Is the Wind That Blows It Out (2004), Against Which the Sea Continually Beats (2007) e The Wanting (2011).
Discografía [editar]
- ECIM - 1991
- I Don't Want to Go to Bed - 1995
- China Gate - 1996
- The Epiphany of Glenn Jones - 1997 (con John Fahey)
- Crashes to Light, Minutes to its Fall - 1999
- Immortality Lessons - 2002 (ao vivo)
- Death of the Sun - 2003
- The Strangler's Wife - 2003
- Abhayamudra - 2004 (ao vivo, con Damo Suzuki)