Cubana de Aviación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cubana de Aviación
Cubana Airlines logo.svg
IATA
CU
OACI
CUB
Indicativo
CUBANA
Fundación 8 de outubro de 1929
Inicio das operacións 1930
Frota 14
Destinos 35
Páxina web: http://www.cubana.cu/
Cubana de Aviación

Cubana de Aviación, S.A., coñecida como Cubana, é a aeroliña oficial de Cuba. A súa base de operacións está no Aeroporto Internacional José Martí, na Habana. Creouse en 1929 e opera a distintos destinos entre América, Europa e Asia.

Historia[editar | editar a fonte]

Coñecida popularmente como Cubana, fundouse o 8 de outubro de 1929, cando en América só existían 8 aeroliñas e no resto do mundo 21 e tamén fundadora da IATA. Comezou como Compañía Cubana Nacional de Aviación Curtiss amosando a súa asociación co fabricante de avións Curtiss. Iniciou os seus primeiros voos nacionais en 1930. En 1932 comprouna Pan Am, deixando fóra a palabra Curtiss. En 1944 cambiouse novamente o nome, esta vez a Compañía Cubana de Aviación. Xa polo ano 1945 a maioría das accións son mercadas por inversores cubanos, quedando así Pan Am só co 42%. O primeiro voo internacional realizouse en 1946 a Miami, usando avións DC-3. En xuño de 1948 iniciou os seus voos transatlánticos coa ruta A Habana-Madrid. En 1954 a compañía pasou a ser enteiramente de propiedade cubana. En 1959, coa chegada da Revolución, nacionalizouse e cambiouse o seu nome a Empresa Consolidada Cubana de Aviación. A propiedade pertence á Corporación de Aviación Civil de Cuba, S.A. (C.A.C.S.A) que depende do Instituto de Aeronáutica Civil de Cuba.

Actualmente Cubana de Aviación é a aeroliña de bandeira en Cuba, adicada ao transporte de pasaxeiros, carga, correo e voos chárter. Conta con 32 sucursais no exterior e 13 oficinas en Cuba. A compañía tamén conta cun servizo de voos privados.

A principios de 2008 a Unión Europea publicou unha lista negra de compañías aéreas e aeronaves que terían prohibido operar en calquera dos seus países membros, así como sobrevoar o seu espazo aéreo. Debido á súa maior siniestralidade, comparada con outras compañías aéreas, Cubana de Aviación ía ser incluída en dita lista, sen embargo finalmente non foi incluída ao alcanzarse un acordo que obrigaba a Cubana de Aviación a modificar os seus procedementos de mantemento e operación coa fin de mellorar a súa seguridade.

Destinos[editar | editar a fonte]

Destinos nacionais[editar | editar a fonte]

Destinos internacionais[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Norte e Centroamérica[editar | editar a fonte]

Cabina da clase económica dun IL-93 da compañía

O Caribe[editar | editar a fonte]

América do Sur[editar | editar a fonte]

Próximas rutas[editar | editar a fonte]

Agárdase que en 2010 Cubana de Aviación comece a voar a Luanda (Angola) e a La Paz (Bolivia)[1].

Tamén entra nos plans da compañía reanudar os voos a Lima (Perú) dependendo do éxito da operación de TACA na ruta Lima-A Habana-Lima. Do mesmo xeito, a finais de 2010 establecerase a ruta Camagüey-Madrid.

Frota[editar | editar a fonte]

Avión de Cubana de Aviación en pleno voo

A frota de Cubana de Aviación está composta por:

Compañías asociadas[editar | editar a fonte]

Ademais de Cubana de Aviación, existen outras pequenas aeroliñas nacionais funcionando actualmente en Cuba:

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]