Cuádratlon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cuádratlon é un deporte composto por catro especialidades, fundamentalmente natación, piragüismo, ciclismo e carreira a pé, distribuídas nesta orde e con desenvolvemento ininterrompido dunha a outra.

O cuádratlon non é deporte olímpico. En Galiza, a federación que se ocupa do cuádratlon é a de tríatlon e péntatlon moderno.

Distancias[editar | editar a fonte]

Nome Natación Piragüismo Ciclismo Carreira a pé Comentarios
Esprín 750 m 4 km 20 km 5 km É a única válida para cadetes, xuvenís e sub23
Media distancia 1.5 km 8 km 40 km 10 km Só é válida para iúniores, séniores e veteranos
Longa distancia 5 km 20 100 km 21.1 km Só é válida para iúniores, séniores e veteranos

Todas as distancias son iguais para homes e para mulleres. Os organizadores poden rebaixar ata un 10% os percorridos en función das características dos circuítos ou climatolóxicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]