Cruxía (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruxías da Mesquita de Córdoba: espazos entre piares aliñados

En arquitectura denomínase cruxía ao espazo arquitectónico comprendido entre dous muros de carga, dous aliñamentos de piares (pórticos), ou entre un muro e os piares aliñados contiguos.

Este espazo fai referencia tamén ás naves ou corredores de certos edificios, que dan acceso a dependencias laterais, como é o caso de cada unha das galerías dun claustro.

Constructivamente é cada unha das partes principais en que se divide a planta dun edificio. Denomínase primeira cruxía á situada máis próxima á fachada, numerándose correlativamente cara ao interior da edificación.

A composición arquitectónica máis simple é a tipoloxía conformada por xustaposición de cruxías. Nesta forma de composición establécese a comunicación dos recintos mediante a apertura de ocos nos muros; tamén se utilizan ocos para ventilar e iluminar as habitacións. A compartimentación das cruxías adoita realizarse mediante tabiquería.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas