Cruceiro do Cubeliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cruceiro do Cubeliño
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónTaragoña
TipoCruceiro de capela

O cruceiro de Cubeliño é un cruceiro situado na aldea do Cubeliño, na parroquia de Taragoña (Rianxo).

Descrición[editar | editar a fonte]

Posúe unha plataforma e pedestal cuadrangulares, o seu fuste é de sección circular cadrado na base, o capitel é cilíndrico co ábaco de lados curvos e vértices agudos, decorado con volutas, follas de bordos lobulados e caras. A cruz é de sección octogonal con remates florenzados, cun Cristo Crucificado coas mans abertas, coroa de espiñas e pergameo de INRI. A Virxe atópase co Neno no reverso, coroada sobre peaña de querubín. Un dos brazos da cruz está rachado.