Cruceiro Reina Mercedes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruceiro Reina Mercedes.

O Reina Mercedes foi un cruceiro da armada española construído en Cartagena e botado o 12 de setembro de 1887. Participou na campaña de Melilla de 1893; desde 1896 tiña base en Cuba, durante a Guerra do 98 participou na defensa de Santiago de Cuba e foi afundido coa súa tripulación, dous canóns da súa artillería foran desmontados para montar unha batería en terra e os americanos despois da rendición da cidade reflotaron o navío que foi levado en 1912 á Academia Naval de Annapolis e estivo en servizo na armada norteamericana ata 1957 como USS Reina Mercedes servindo como barco residencia de cadetes.