Croke Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Croke Park
Croke park 2.jpg
Flag of Ireland.svg Croke Park
Datos
Localización Dublín, Éire
Arquitecto Gilroy McMahon
Inauguración 1884, 1913
Renovación 2004
Superficie Céspede natural
Capacidade 82.300 espectadores
Dimensións 144.5 x 88 m
Propietario Gaelic Athletic Association (GAA)
Localía Selección de rugby de Irlanda (até 2010)
Selección de fútbol de Éire (até 2010)
Eventos


O Croke Park (en irlandés: Páirc an Chrócaigh) é un estadio situado en Dublín, Irlanda. É o recinto deportivo máis grande do país e o campo principal e sede central da Gaelic Athletic Association (Asociación de Deportes Gaélicos), a máis grande organización deportiva irlandesa.

Dende 1884 este lar foi utilizado pola GAA para acoller xogos Gaélicos, coma por exemplo as finais de do campionato de Irlanda de fútbol gaélico ou de hurling. O "Crocker", como é popularmente coñecido, tamén acolle concertos de música e actos importantes a nivel internacional coma, por exemplo, as cerimonias de apertura e clausura dos Special Olympics de verán de 2003. Durante a reforma do estadio de Lansdowne Road (que se converterá no Aviva Stadium) o estadio tamén acolle á Selección de rugby de Irlanda é á selección fútbol.

Cerimonia dos Special Olympics de 2003

Seguindo un programa de desenvolvemento comezado nos anos 90 do século XX, Croke Park aumentou á súa capacidade até 82.300 espectadores[1], converténdoo no cuarto estadio de Europa en capacidade e o actualmente maior estadio do Torneo das Seis Nacións, seguido de preto polo Twickenham Stadium.

Croke Park tamén acolleu en 1972 un combate de boxeo entre Muhammad Ali e Alvin Lewis.

Ligazóns externas [editar]

Véxase tamén [editar]

Notas [editar]