Cristina Garmendia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Garmendia Mendizábal, nada en San Sebastián o 21 de febreiro de 1962, é unha bióloga e empresaria vasca.
[editar] Traxectoria
Doutora en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, antes da súa elección como ministra foi presidenta da Fundación Inbiomed e da Asociación Española de Bioempresas. En 2000 fundou Genetrix, empresa do sector da biotecnoloxía. Defensora do uso terapéutico das células nai embrionarias, era tamén membro da Xunta Directiva da Confederación Española de Organizacións Empresariais, a CEOE.
Sen militancia política, foi nomeada Ministra de Ciencia e Innovación na IX Lexislatura, baixo o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.