Cristina Corral Soilán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristina Corral Soilán
Nome completoCristina Corral Soilán
Nacemento5 de xullo de 1976
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade Camilo José Cela
Ocupaciónpoeta, escritora e xornalista
Na rede
Facebook: cristinacorralsoilan LinkedIn: cristina-corral-3071a023 AELG: 470 Dialnet: 2623386 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cristina Corral Soilán, nada en Lugo o 5 de xullo de 1976, é unha escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É xornalista, graduada en Educación Primaria e licenciada en Hispánicas, pola Universidade Camilo José Cela e a Universidade de Santiago de Compostela respectivamente. Nesta última cursou tamén estudos de Filoloxía Inglesa.[2] Realizou os Cursos de Doutoramento no programa de Educación, Diploma de Estudios Avanzados (DEA) en Educación e Creatividade: Aplicacións Tecnolóxicas, Sociais e Psicopedagóxicas na UCJC. Tamén estudou o Grao de Educación Primaria na UDC.[2]

Ten traballado como xornalista no xornal El Progreso e na axencia de novas Europa Press. Foi guionista en Netex e subdirectora da Revista Foeminas da Casa da Muller do Concello de Lugo.[3] Ten exercido como profesora de secundaria de Lingua e Literatura Española. Colaborou con diversas revistas como Xistral ou Trasluz e foi editora domagazine cultural A revolta.[4] Tamén publicou artigos en Galicia Dixital, Sermos Galiza, Praza Pública ou Galicia Confidencial.[5]

Dende o ano 2015 traballou co alumnado dos Institutos galegos a temática da memoria da muller. En 2017 levou a cabo o proxecto Mulleres para á memoria co alumnado de 4º da ESO do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra[6] Dende 2017 codirixe o proxecto ESPORA (Escolas pola Radio)[7].

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Irene en el Sáhara (2011). Solidaridad Internacional. Cuentos del mundo. En castelán.
  • Os poemas do río (2012). Everest Galicia. 36 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN Ilustracións Aurora Cascudo Román. Obra teatral en verso.
  • A historia fascinante da vaca rodante (2013). Everest Galicia. 32 páxs. Ilustracións de Aurora Cascudo Román e Miguel Noval Bouza. ISBN 978-8440312211.
  • De paseo con Crunia (2015). Embora.42 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román.
  • De paseo con Paulo (2015) Embora. 42 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN 978-84-16456-11-6.
  • De paseo con Helena (2017). Embora. 40 páxs. Ilustracións Aurora Cascudo Román. ISBN 978-84-16456-64-2.
  • Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón (2018). Barafunda. 32 páxs. ISBN 978-84-941985-2-6. Ilustracións Aurora Cascudo Román.
  • No Faiado (2022). Embora. ISBN 9788417824556. Con Leandro Lamas. Poesía infantil.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Un feixe de poesía na porta (2013). A porta verde do sétimo andar.
  • Alén do silencio (2014).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
  • Manuel María, libro colectivo de homenaxe (2017). Deputación provincial de Lugo.
  • Un xardín de medio lado. 17 poetas da Urutau na Galiza (2019). Urutau.
  • Quem dera o sangue (2020). Urutau
  • 25N, trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller (2021). Alvarellos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cristina Corral Soilán Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-05-10. 
  2. 2,0 2,1 "Cristina Corral Soilán". www.aelg.gal. Consultado o 2022-05-10. 
  3. "» Cristina Corral Soilán". Consultado o 2022-05-10. 
  4. A revolta Arquivado 16 de decembro de 2014 en Wayback Machine..
  5. "O xornal da Galicia que vén". Praza Pública. Consultado o 2022-05-10. 
  6. "Estudantes do IES da Xunqueira entrevistan os seus maiores para coñecer o pasado" Arquivado 23 de maio de 2018 en Wayback Machine., Informativos de TVG, 18 de xuño de 2017.
  7. http://espora.eu/
  8. "ESENCIA DE TREMENTINA by Cristina Corral Soilán - Issuu". issuu.com. Consultado o 2022-05-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]