Cristian Hidalgo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristian
Información persoal
Nome Cristian Hidalgo González
Nacemento 21 de setembro de 1983 (40 anos)
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Sant Gabriel
2002–2003 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2006 Barcelona B 93 (18)
2006–2009 Deportivo da Coruña 56 (2)
2009–2011 Hércules 42 (3)
2012 Elche 7 (0)
2012 Alki Larnaca 10 (1)
2013 Cherno More 14 (1)
2013–2014 Bnei Sakhnin 26 (1)
2014 Chennaiyin 7 (1)
2015–2016 Moghreb Tétouan 11 (1)
2016 Ceahlăul 7 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 30 de outubro de 2012.
editar datos en Wikidata ]

Cristian Hidalgo González, nado en Barcelona o 21 de setembro de 1983, é un futbolista español. Xoga de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Barcelona, formouse no CE Sant Gabriel e despois nos xuvenís do FC Barcelona. Na tempada 2003–04, do seu debut co FC Barcelona B, anotou tres goles e catro na campaña seguinte, xogando como dianteiro. Pero os seus adestradores no Barça B cambiaron o seu rol ao de extremo, adaptándose moi ben a esta posición, rematando a tempada 2005–06 marcando once goles.

Na tempada 2006–07 fichou polo Deportivo da Coruña, debutando en Primeira División da man do adestrador Joaquín Caparrós na primeira xornada do campionato, nunha vitoria en Riazor fronte o Real Zaragoza (3–2). Foi un habitual no ataque coruñés nesa campaña, xunto a Riki e Javier Arizmendi, e logrou o seu primeiro gol nunha vitoria fronte o Real Madrid en Riazor (2–0). Permaneceu no club coruñés tres campañas.

En 2009 fichou polo Hércules CF. En marzo de 2012, tras pasar dúas tempadas no Hércules, fichou polo Elche CF.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]