Crista neural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crista neural é o nome dado a un grupo de células embrionarias, derivadas do revestimento do tubo neural, que orixinan outros tipos de células adultas, como neuronas e células da glía, osteocitos, melanocitos e células do músculo liso.

É un compoñente da ectoderma e localizase entre o tubo neural e a epiderme do embrión.