Cristóbal de Mondragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristóbal de Mondragón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1514 Editar o valor em Wikidata
Medina del Campo Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1596 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Antuerpen Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1532 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarInfantaría Editar o valor em Wikidata
Rango militarMaestre de campo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Cristóbal de Mondragón y Otálora de Mercado, coñecido como O Coronel, nado en Medina del Campo contra 1504/1514 e finado en Antuerpen o 4 de xaneiro de 1596, foi un militar español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Medina del Campo, o seu pai era natural da vila de Mondragón en Guipúscoa, de onde tomaron o apelido Mondragón y Otálora. A súa nai pertencía á familia Mercado, unha das liñaxes fidalgas máis importantes e poderosos de Medina del Campo.

Alistado no exército en 1532 durante o reinado de Carlos V, serviu como soldado primeiro en Italia e despois en Tunisia, Provenza, Alemaña e Flandres.

Foi unha destacada figura militar do século XVI, coronel dos terzos de Flandres servindo ás ordes do III duque de Alba, de Luís de Requesens, Xoán de Austria, Alexandre Farnesio e Pedro Ernesto de Mansfeld.

Combateu durante as guerras de Flandres contra os exércitos de Guillerme de Orange primeiro e de Mauricio de Nassau despois.

Mercede ao seu talento como estratego débenselle importantes vitorias conseguidas polos terzos españois en Flandres e os Países Baixos nunha época de decadencia do dominio español nesta rexión.

Mondragón potenciou varias técnicas militares como o vadeo de ríos grazas ás mareas e a espionaxe.

Datos da súa vida militar[editar | editar a fonte]

Mapa dos Países Baixos españois na Guerra de Flandres, no ano 1572.
En vermello, territorios rebeldes; en amarelo, cidades con gornicións españolas; en verde, territorios tomados; en marrón, territorios leais á coroa de España pero autónomos.

Conflitos nos que participou[editar | editar a fonte]

Mandos que ostentou[editar | editar a fonte]

Títulos nobiliarios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]