Cristóbal de Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cristóbal de Acuña, nado en Burgos en 1597 e finado en Lima en 1675, foi un xesuíta español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou na Compañía de Xesús en 1612, e axiña foi enviado de misións a Chile e Perú, onde se converteu no rector do centro de formación de Cuenca (na actualidade, en Ecuador). En 1639 acompañou a Pedro Teixeira na súa segunda exploración do río Amazonas para levar a cabo observacións científicas, e facer un informe para o goberno do reino de España. A exploración levoulles dez meses, e ao chegaren a Perú, Acuña preparou o seu informe, mentre esperaba a partida dun buque cara a Europa. O rei de españa, Filipe IV, recibiu friamente o autor, e mesmo se di[Cómpre referencia] que estaba disposto a censurar o libro, temendo que os portugueses, que se independizaran de España en 1640, se aproveitasen da información.

Logo de ser procurador dos xesuítas en Roma e censor (calificador) da Inquisición española en Madrid, Acuña volveu a Sudamérica, onde finou, seguramente pouco despois de 1675.

A obra Nuevo Descubrimiento del Gran Río de las Amazonas foi publicada en Madrid en 1641. Foi traducida ao francés en 1682, e a partir desta versión verqueuse ao inglés en 1698.

Acuña foi o primeiro europeo en describir o canal Casiquiare (un canal natural que une o Amazonas co Orinoco) en 1639.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]