Criminal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Este artigo é sobre a novela de Xurxo Borrazás. Para outros significados, véxase crime
| Criminal | ||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||
|
Criminal é unha novela publicada por Xurxo Borrazás en 1994. Recibiu o Premio da Crítica Española no ano 1994 e o Premio Arcebispo San Clemente en 1995.
[editar] Trama
Aviso: esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.
Chucho Monteiro volve á súa aldea, na parroquia de Lendo (A Laracha), no lugar de Riba e pídelle ó seu irmán que lle deixe vivir coa súa familia. Desde diferentes puntos de vista, e con moitas regresións temporais, vai narrando os asasinatos cometidos por Chucho, e analizando a súa situación persoal, as súas teimas e as súas circunstancias.
[editar] Personaxes
- Xesús Monteiro Silva, alias Chucho.
- Daniel Monteiro Silva, irmán de Chucho.
- Dolores Serantes Lema, Lola, dona de Daniel.
- Daniel, o fillo de Lola.
- Moino, o can.
- O vello Monteiro, pai de Chucho e Daniel, tamén chamado Chucho.
- Carme, abusada por Chucho na xuventude.
- Moncho de Elvira, ou Monchiño, de 36 anos, gago.
- Marcial, cura da freguesía.
- Faustino, monago da igrexa de San Cristovo de Riba.
- Matías, de Zarauzt e traballando en Southampton.
- Manuel de Andrade, emigrante en Southampton.